Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de maio de 2002, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente C-2-IV/75, conta 272 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden as cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou se constitúan en parte na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos sus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 8 de maio de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Manuel Capinel Lorenzo e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75 (F.P. 3/2002).

Conta: 272.

Rúa Alexandre Bóveda, bloque 17, 4º D, nº 1, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 2.685,55 euros.

Constantino Picallos Chorén e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75 (F.P. 8/2002).

Conta: 105.

Avda. de Castelao, nº 1-3º A, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 11.922,86 euros.

Gerardo Iglesias Salgueiro e herdeiros.

Expediente: C-2-IV/75 (F.P. 21/2002).

Conta: 223.

Rúa Alexandre Bóveda, nº 7-4º C (Santiago de Compostela).

Importe da débeda: 17.835,84 euros.