Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do proxecto e obra de construcción de 8 vivendas, garaxes e rochos en Mondariz, provincia de Pontevedra. (Expediente PO-1999/020).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG número 108, do xoves 6 de xuño de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

1. Na páxina 8.607, onde di: «Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do proxecto e obra de construcción de 8 vivendas, garaxes e rochos en Mondariz, Pontevedra. (Expediente PO-99/020)», debe dicir: «Resolución do 27 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, do proxecto e obra de construcción de 16 vivendas, garaxes e rochos en Mondariz, Pontevedra. (Expediente PO-99/020)».

2. Na páxina 8.607, onde di: en canto ó punto 1.a) «Descrición do obxecto: proxecto e obra de construcción de 8 vivendas, garaxes e rochos en Mondariz. Pontevedra». debe dicir: «Descrición do obxecto: proxecto e obra de construcción de 16 vivendas, garaxes e rochos en Mondariz. Pontevedra».

O prazo de presentación de proposicións establecido na sinalada resolución computarase a partir do día seguinte ó da publicación da presente correción.