Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 14 de xuño de 2002 Páx. 9.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/133-3 A.T.).

Instalacións: L.M.T. Sequeiros-A Rúa-treito provincia de Ourense, A Rúa.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: 21 de xuño de 2002, na Casa do Concello da Rúa, de 11.30 a 13 horas.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 27 de febreiro de 2002 foi autorizada e declarada de utilidade pública, a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, da necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF resolvo:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se publicou no DOG do 31 de agosto, no BOP de Ourense do 24 de agosto e no xornal diario La Región do 6 de agosto de 1998, que se expón actualizada no taboleiro de edictos do Concello da Rúa, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, á sua custa.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante só para os efectos de corrixir posibles erros que se padecesen ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 16 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 98/133Provincia: Ourense

L.M.T. Sequeiros-A Rúa-tramo provincia de OurenseTermo municipal: A Rúa

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

48GarrosaLabradíoEnrique Gómez Enríquez R/ Puente, 52

32356 Petín (Ourense)

10100

38CapelaMonte baixoEloy Mateo FraileR/ Colomba, s/n

32350 A Rúa (Ourense)

24242

37CapelaMonte baixoEloy Mateo FraileR/ Colomba, s/n

32350 A Rúa (Ourense)

72265656

36CapelaMonte baixoEloy Mateo FraileR/ Colomba, s/n

32350 A Rúa (Ourense)

1001.134

35CapelaMonte baixoJuana López FernándezDescoñecido20190

24ValdemoreirasMonte baixoSEPESPaseo de la Castellana, 91

28046 Madrid

18288

22CanteiraMonte baixoSEPESPaseo de la Castellana, 91

28046 Madrid

65,6642063.296

18CanteiraMonte altoDescoñecido

Rpta.: Ministerio Fiscal

63280807

16A PalaLuis Fernández FernándezValencia, s/n

32340 Vilamartín de Valdeorras

20212