Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 9.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA RÚA

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello da Rúa, en sesión celebrada o día 3 de xuño de 2002, co quórum da maioría absoluta do número legal de membros da corporación, adoptou o seguinte acordo:

1. A aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Rúa.

2. A súa exposición ó público durante o prazo dun mes para a formulación de alegacións, prazo durante o cal calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante do plan xeral nas dependencias municipais de urbanismo sitas na casa do concello e presenta-los escritos de alegacións que estimen convenientes.

3. A suspensión inmediata de outorgamento de licencias nas zonas afectadas que a continuación se sinalan. Igualmente, acordouse interromper-lo procedemento de concesión de licencias solicitadas con anterioridade á aprobación inicial cando o contido sexa contrario ás previsións da nova ordenación. A suspensión do outorgamento de licencias extinguirase no prazo dun ano.

Áreas de suspensión de licencias.

Con fundamento no proxecto inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Rúa, establécense as seguintes áreas nas que se suspenden

as licencias que teñan por obxecto actividades de parcelación de terreos e edificacións ou demolicións, aínda que serán permitidas as obras de reforma, salvo que pola transcendencia desta sexa equiparable a unha reedificación do edificio, non xustificada en razóns de urxencia ou supoñan un aumento do volume edificado.

A1. As superficies EL-1, próxima á residencia Os Pinos; EL-14, situado na praza E. Casanova; EL-18, na intersección rúa Circunvalación con rúa Progreso; EL-20, situado na rúa Pireira; EL-22, próximo á residencia da 3ª idade; EL-23, próximo á residencia da 3ª idade; EL-24, próximo á residencia da 3ª idade; EL-30, en Vilela; EL-38, antigo vertedoiro, por constituír espacios libres no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, non estando cualificados como tal nas normas subsidiarias de planeamiento vixentes no municipio (NSP) ou modificacións posteriores.

A. Os espacios QOP-1, residencia Os Pinos; Q-1 próximo residencia Os Pinos; Q-14, en rúa Progreso, Q-15, estación do tren; Q-16, próximo á estación do tren; Q-21, na rúa Arnaveca; Q-39, situado na estrada C-533; Q-40, situado na estrada C-533; Q-41, situado ó lado da N-120, por constituír espacios de equipamentos no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, non estando cualificados como tales nas normas subsidiarias de planeamento vixentes no municipio ou modificacións posteriores.

A.3 As superficies E-1; E-2; E-3; E-4; E-5; E-6; E-7; E-8; E-9; E-10, en tódolos espacios clasificados como solo rústico apto para urbanizar, por constituír espacios de solo rústico protexido no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa, non estando cualificados como tal nas normas subsidiarias de planeamento vixentes no municipio ou modificacións posteriores. No suposto de que si estivesen parcialmente, esta limitación só será aplicable as áreas desconformes coa cualificación disposta nestes dous planeamentos.

A.4 As superficies UTG-1; UTG-2; UTG-3; UTG-4; UTG-5, no estando cualificados como tal nas normas subsidiarias de planeamento vixentes no municipio ou modificacións posteriores. No suposto de que si estivesen parcialmente, esta limitación só será aplicable nas áreas desconformes coas cualificacións dispostas nestes dous planeamentos.

A.5. Tódalas superficies edificables en canto ós parámetros definidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa supoñan modificación do réxime establecido nas actuais (NSP) ou modificacións posteriores.

A.6. Con independencia das áreas anteriormente sinaladas, si se poderán conceder licencias, baseadas nas actuais (NSP), sempre que se respecten as determinacións impostas no Plan Xeral de Ordenación Municipal da Rúa.

A Rúa de Valdeorras, 4 de xuño de 2002.

José Vicente Solarat López

Alcalde-presidente