Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 9.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 30 de maio de 2002, acordou aprobar definitivamente o Plan Parcial de Ordenación SUP nº 4 Castelo de Santa Cruz do Plan Xeral de Ordenación Municipal Urbana da Guarda, redactado polos arquitectos Javier Martínez Díez e Luis Zozaya Servera, S.L. arquitectos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Pleno da Corporación Municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no Diario Oficial de Galicia ou no BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa. O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

A Guarda, 3 de xuño de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde