Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza a Eduardo Jesús Portanet Cabello para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desde anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Gruvigo, S.L. CIF: B-36682243.

Responsable solidario: Eduardo Jesús Portanet Cabello. NIF: 35928355-D.

Importe: 178.029,73 A.

Zona de recadación: Vigo.