Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 13 de xuño de 2002 Páx. 8.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 25 de febreiro de 2002, o alleamento en pública poxa dos bens embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Lugo como da propiedade do debedor Sánchez Vázquez, Manuel con NIF 34246854S que a continuación se describe:

Lote 1:

Predio rústico Mazairas a mato cunha superficie de 0.0220 ha, sito no municipio do Saviñao. Ref. catastral 270580000013400799RR. Lindeiros: norte, parcela 800, polígono 134, sitio Mazairas de Manuel Sánchez Vázquez, sur e leste, parcela 9034,

polígono 134, camiño, e oeste, parcela 798, polígono 134, sitio Mazairas de José Varela Fernández.

Valor: 132,22 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 132,22 A.

Lote 2:

Predio rústico Mazairas a mato cunha superficie de 0.1410 ha, sito no municipio do Saviñao. Ref. catastral 270580000013400800RR. Lindeiros; norte, parcela 801, polígono 134, sitio Mazairas de Josefa Sánchez Herrera, sur, parcela 798 polígono 134, sitio Mazairas de José Varela Fernández, parcela 799, polígono 134, sitio Mazairas de Manuel Sánchez Vázquez, parcela 9034, polígono 134, camiño; leste e oeste, parcela 9034, polígono 134, camiño.

Valor: 847,42 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 847,42 A.

Lote 3:

Predio rústico Toxeira a mato cunha superficie de 0.1184 ha, sito no municipio do Saviñao. Ref. catastral 270580000013600088RH. Lindeiros: norte, parcela 87, polígono 136, sitio Toxeira de Josefa Sánchez Herrera; sur, parcela 89, polígono 136, sitio Toxeira de Gloria Vázquez Díaz, parcela 97, polígono 136, sitio Mazairas de Antonio Vázquez Mariño; leste, parcela 9034, polígono 134, camiño e oeste parcela 84, polígono 136, sitio Toxeira de Dolores Mosquera Álvarez, parcela 85, polígono 136, sitio Toxeira de María Teresa Iglesias Fuentes.

Valor: 711,59 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 711,59 A.

Lote 4:

Predio rústico Salgada a mato cunha superficie de 0.3199 ha, sito no municipio do Saviñao. Ref. catastral 270580000014000187RA. Lindeiros: norte, parcela 9007, polígono 140, camiño; sur, parcela 185, polígono 140, sitio Salgada de María Dolores Álvarez Losada; parcela 188, polígono 140, sitio Salgada de María Adelina López Vázquez; leste, parcela 9008, polígono 140, camiño e oeste, parcela 188, polígono 140, sitio Salgada de María Adelina López Vázquez e parcela 189, polígono 140, sitio Salgada de Felicitas López Vázquez.

Valor: 1.345,84 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 1.345,84 A.

Lote 5:

Predio rústico Soto a labradío cunha superficie de 0.0121 ha, sito no municipio do Saviñao. Ref. catastral 270580000013900486RY. Lindeiros: norte, parcela 487, polígono 139, sitio Penso de Elisa Rodríguez López e parcela 9009, polígono 139,

camiño; sur, parcela 484, polígono 139, sitio Soto de Manuel Sánchez Nieves; leste, parcela 484, polígono 139, sitio Soto de Manuel Sánchez Nieves e parcela 488, polígono 139, sitio Soto de Esperanza Rodríguez López e oeste, parcela 9016, polígono 139 sitio camiño.

Valor: 363,61 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 363,61 A.

Lote 6:

Vivenda situada no lugar de Morgade, parroquia de Seteventos do municipio do Saviñao, cunha superficie de 235 m. Ref. catastral 0008054 00 PH11E 0001 OS. Lindeiros: fronte, dereita e fondo con terreo propio e esquerda con terreo de titular descoñecido.

Valor: 64.374,61 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 64.374,61 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1 f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 1 de xullo de 2002 ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, rúa Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

Primeiro.-Que consta en poder da zona de recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que a poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da

Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos