Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización das obras de reforzo e pavimentación da vía pública no Casal-Coira incluídas no POS 2002 da Deputación Provincial da Coruña.

Tipo de licitación: 86.440,61 euros IVE, incluído.

Prazo de execución: 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación: G6, categoría d.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Recollida de documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º.3. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares aprobado pola Deputación da Coruña.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12.30 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 3 maio de 2002.

O alcalde

Rubricado