Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO.

De conformidade co acordo da Comisión de Goberno, do 2 de xuño de 2002, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la obra seguinte:

1. Obxecto do contrato.

Obra: saneamento en Rubiós e Taboexa, incluída no POL 2002.

Prezo máximo de licitación: 90.472 euros.

Prazo de execución: catro meses.

A obra realizarase conforme o proxecto técnico e prego de cláusulas administrativas á disposición dos interesados na secretaría do concello.

2. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de contrato.

3. Presentación de proposicións e documentación complementaria.

As propostas admitiranse a partir do día en que se remita ó BOP e ó DOG o anuncio correspondente, ata pasados 26 días naturais despois da publicación do último anuncio correspondente.

4. Modelo de proposición.

O contido no prego de cláusulas.

Documentación complementaria: a sinalada no prego (e no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data e a hora na que fixo o envío e comunicarllo ó concello, mediante fax ou telegrama, dentro da data e a hora fixados como prazo de presentación.

5. Criterios da selección.

Os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.

6. Apertura de plicas.

No salón de sesións do concello, o seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións ás 13 horas, agás que o día citado fose sábado, caso no que quedará demorada ó primeiro día hábil posterior.

7. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

8. Exposición do prego de cláusulas administrativas.

Durante o prazo de oito día hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

As Neves, 9 de maio de 2002.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente