Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 1310/92(F).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da elaboración final do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Marín.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Marín.

d) Prazo de execución: máximo, dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 55.680 euros.

5. Garantía provisional:

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Marín.

b) Enderezo: avenida de Ourense, s/n.

c) Localidade e código postal: Marín (Pontevedra), 36900.

d) Teléfono: 986 88 03 00 ou 986 88 03 04.

e) Telefax: 986 88 20 13.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica que se acreditará por calquera dos medios do artigo 16 do TRLCAP e técnica ou profesional que se acreditará por calquera dos medios do artigo 19 da mesma lei.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: punto 6 deste anuncio.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade, enderezo e localidade: punto 6 deste anuncio.

b) Data e hora: ás trece horas do 5º día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que coincida en sábado, caso no que o acto se celebrará o luns seguinte á mesma hora.

10. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario.

Marín, 31 de maio de 2002.

Antonio Santiago Fernández

Alcalde-presidente