Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007, A Coruña.
Denominación: anexo II ó proxecto C.T. Pose.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación denominado Pose de 800 kVA. a 1.400 kVA en dúas máquinas de 400 e 1.000 kVA. Cada unha, reforma da aparellaxe a celas prefabricadas en SF6. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone
los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 3 de maio de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña