Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.775

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de xuño de 2002 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso en distintas escalas dos corpos facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), e de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C).

Presentadas renuncias por Antonio Suárez-Vence Santiso, Antonio Baeza Barrantes (presidente e secretario suplentes respectivamente, do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros de minas), José

Rogelio Pombo Carrillo (vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros técnicos agrícolas) y Mercedes Durany Castrillo e Jesús Hernández Sánchez (vocais titular e suplente, respectivamente, do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos), nomeados pola Orde do 25 de abril de 2002 (DOG nº 89, do 9 de maio), esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 das ordes de convocatoria dos referidos procesos selectivos,

DISPÓN:

Primeiro.-Acepta-las renuncias de:

-Antonio Suárez-Vence Santiso como presidente suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

-Antonio Baeza Barrantes como secretario suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

-José Rogelio Pombo Carrillo como vocal titular en representación das organizacións sindicais do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

-Mercedes Durany Castrillo como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.

-Jesús Hernández Sánchez, como vocal suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.

Segundo.-Así mesmo, esta consellería dispón os nomeamentos de:

-Alberto Tizón Martín, subdirector xeral de Planificación e Fomento Tecnolóxico, como presidente suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

-Susana Vázquez Romero, funcionaria da Xunta de Galicia, como secretaria suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

-Antonio Velilla De la Loma, funcionaria da Xunta de Galicia como vocal titular en representación das organizacións sindicais do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas, e como vocal suplente do referido tribunal, en representación das organizacións sindicais, de José Mª Baz Sevilla.

-Mercedes Cardelle Espasandín, funcionaria da Xunta de Galicia, como vocal titular do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, en representación da EGAP.

-José Manuel Rodríguez Enríquez, funcionario da Xunta de Galicia, como vocal suplente do tribunal encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, en representación da EGAP.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública