Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 2002 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo o folión de carros de Chantada.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 10 de maio de 2002 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Lugo o folión de carros de Chantada, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febrerio, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico».

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo