Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de vehículos e maquinaria para o Servicio de Vías e Obras.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición

de vehículos e maquinaria para o Servicio de Vías e Obras desta deputación, mediante concurso, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, na rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Lote 1: camión 6.500 kg de PMA, con remolque, 63.500 euros.

Lote 2: vehículo todoterreo 4x4 de 8 prazas, 32.000 euros.

Lote 3: camión de 18 tm de PMA, 73.000 euros.

Ourense, 4 de xuño de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense