Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002 pola que se anuncia concurso urxente para outorga-lo contrato de servicios de xestión de bibliotecas municipais.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: negociado de infraestructuras.

1.3. Número de expediente: 337/2002.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: concurso para regula-la xestión das bibliotecas municipais dos barrios de San Francisco, A Carballeira e A Ponte, en canto á súa actividade profesional.

2.2. Prazo de execución: o contrato terá unha duración máxima de 2 anos, contados desde a data da sinatura da acta de inicio da prestación do servicio. O contrato poderá prorrogarse por períodos anuais ata un máximo doutros dous anos.

3. Trámitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. 120.000 A.

5. Fianzas:

5.1. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: negociado de infraestructuras.

6.2. Enderezo: r/ Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica, e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 8 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na praza Maior, 1, de 9 a 13 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de condicións técnicas, xurídicas e económicas do concurso.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de maio de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde