O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 25 de marzo de 2002, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial no
SUNP D-15-R, en Romardeiro-Liáns, relativa á ordenanza Z-6.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de RXAPPAC).
Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 22 de abril de 2002.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta