Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO.

Por acordo adoptado polo Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 13 de novembro de 1999, foi aprobado definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal das Neves, que contén a delimitación da unidade de execución UE-3, sistema de cooperación.

Faise público para xeral coñecemento que por resolución de Alcaldía, con data 24 de abril de 2002, se acordou o inicio do expediente de reparcelación dos terreos comprendidos no ámbito da mencionada unidade de xestión, por instancia de propietarios particulares.

As Neves, 24 de abril de 2002.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente