Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MACEDA

ANUNCIO.

O Concello de Maceda, no pleno que tivo lugar o día 12 de abril de 2002, co voto favorable dos once concelleiros que, de feito e dereito compoñen a corporación e, polo tanto, co quórum requirido polo artigo 47.3º i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, acordou:

1. Aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Maceda, nos termos e contido que figuran no texto refundido elaborado polo equipo redactor.

2. Publica-lo presente acordo, xunto co texto íntegro da normativa e as ordenanzas, no BOP.

3. Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Maceda, 18 de abril de 2002.

Manuel Rodríguez Carballo

Alcalde