Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a contratación do servicio de seguridade e vixilancia deste hospital, polo procedemento aberto e mediante o concurso público 6/2002.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no parágrafo i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público número 6/2002, da contratación do servicio de seguridade e vixilancia do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento.

A contratación do servicio de seguridade e vixilancia do Hospital Comarcal Valdeorras, por un orzamento máximo de 190.320,5 euros, IVE incluído.

Prazo de execución.

A execución do contrato terá lugar desde a súa formalización ata o 31 de decembro de 2003.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitadas no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Teléfono.: 988 33 90 61.

Garantías:

Deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de tres mil oitocentos seis euros con corenta e un céntimos (3.806,41 euros), e unha garantía definitiva

do 4% do orzamento de adxudicación. As ditas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, de 21 de xuño) texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica, financeira e técnica.

Esíxese clasificación.

Clasificación:

Grupo M, subgrupo 2, categoría A, segundo o disposto no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 50 puntos.

-Medios materiais, instalacións e equipos dos que dispoña a empresa para a realización do servicio: ata 30 puntos.

-Plan de seguridade (metodoloxía da prestación do servicio e plan proposto de seguridade): ata 20 puntos.

Admisión de variantes:

Non se admite a presentación de variantes.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas o órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achegar os licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 3 de maio de 2002.

P.A.

Luis Sánchez García

Xefe de Admisión do Hospital Comarcal Valdeorras