Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 7 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se comunica o acordo de iniciación do expediente sancionador S-8/02 incoado a Enrique del Amo Lobo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícase a Enrique del Amo Lobo o acordo de iniciación do expediente sancionador S-8/02 por parte do delegado provincial de Sanidade de Lugo, de data 22 de febreiro de 2002, despois de terse intentado a notificación desta por dúas veces no último domicilio coñecido sen resultado positivo.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo, co enderezo na rúa Montevideo nº 9-27001-Lugo.

Contra o dito acordo de iniciación poderá formular alegacións e achega-las probas que estime pertinente en defensa dos seus dereitos, no prazo de quince días (15 días), contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Ó mesmo tempo advírteselle que, transcorrido o dito prazo, seguirá o expediente o trámite ordinario podendo ser considerado o acordo de iniciación como proposta de resolución, no caso de que non se fagan alegacións (artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora).

Notifícase, así mesmo, a teor do establecido no artigo 78 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os nomeamentos como instructora do expediente a Mª Araceli Soutelo Ferro, e como secretaria a Natividad Abuín Vila, ámbalas dúas funcionarias da Delegación Provincial de Sanidade de Lugo, para os efectos da recusación prevista no artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e para os efectos da abstención prevista no artigo 28 da mencionada lei.

Os datos persoais, preceptos infrinxidos, cualificación da infracción e prazo para formular alegacións figuran no anexo seguinte.

Expediente: S-8/02.

1. Denunciado: Enrique del Amo Lobo. DNI: 11.731.191.

2. Último domicilio coñecido: P/ San Albito nº 2-2B-H-León.

3. Feitos imputados: como consecuencia do labor inspector e de control das condicións sanitarias do transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulamentada que teñen atribuídos os funcionarios da Dirección Xeral da Garda Civil, 1º Compañía de Lugo, Patrulla Seprona

de Baralla, procedeuse á inspección do vehículo conducido por Enrique del Amo Lobo, levantando o oficio-denuncia nº rgtro. 1135 de data 17 de decembro de 2001, no que se constata a existencia das seguintes irregularidades:

-Circular transportando 604 kg. de carnes frescas (lombos de vaca), enriba de dous palets tocando algún deles o chan do vehículo.

Resultado da citada inspección, a Delegación Provincial da Consellería de Sanidade en Lugo incoou expediente administrativo sancionador nº S-8/02 mediante resolución de data 22 de febreiro de 2002, por infraccións das normas sanitarias e de hixiene aplicables ó transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada.

4. Preceptos infrinxidos: artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de Sanidade; artigo 2.1º.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; punto 5 do capítulo XV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios; artigo 74 do capítulo IV do anexo I do Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro, polo que se establecen as condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas; artigo 8.3º do Real decreto 2843/1986, do 14 de novembro, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulamentada.

5. Cualificación da infracción: de acordo co artigo 35 a) 3º da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de Sanidade, debe calificarse como leve e pode ser sancionado, de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, con multa de ata tres mil cinco euros con seis céntimos (3.005,06 A).

6. Prazo para formular alegacións: quince días (15 días), contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Lugo, 7 de maio de 2002.

Dámaso López Rodríguez

Delegado provincial de Lugo