Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2002 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación, a María del Pilar González Fontao (praza 48/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 17 de xullo de 2001 (BOE do 4 de agosto) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación, en prol de María del Pilar González Fontao, con documento nacional de identidade número 34944342-M, cumprindo a interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Pilar González Fontao, profesora titular de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 15 de maio de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo