Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: ENGASA.
Domicilio social: rúa Londres, 11 B, baixo, 15707 Santiago de Compostela.
Denominación: retranqueo L.M.T. en estrada N-PO-254, en Queidores-Bugarín.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: retranqueo torre metálica da liña eléctrica que vai desde a central do río Tea ata San Roque en Ponteareas, con motivo das obras na estrada PO-254 Ponteareas-Mondariz, en Queidores-Bugarín, no concello de Ponteareas, entre o km 0-360 e o km 0-540.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 22 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra