En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, Mª José Cancelo Baquero como delegada territorial da Coruña da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, agradecéndolle os servicios prestados.
Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos