Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: alugamento de vehículos para persoal adscrito ó Servicio de Vías e Obras.

3. Orzamento (IVE incluído): 119.601,41 euros.

4. Duración do contrato: 1 ano.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral de Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 118, de data 25 de maio de 2002.

Lugo, 25 de maio de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo