Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 21 de maio de 2002, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso para a contratación da asistencia técnica para a Central de Servicios de Proximidade, no marco do proxecto Lugo, Abrindo Camiños; por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación, consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é estructurar e dotar de contido a Central de Servicios de Proximidade, unidade que se concibe como o lugar de referencia para todo aquel cidadán que pretenda poñer en marcha un proxecto empresarial nos ámbitos dos novos viveiros de emprego e concretamente no ámbito de servicios a persoas con especiais necesidades (terceira idade, infancia e mozos en risco de exclusión social).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 250.982 A (douscentos cincuenta mil novecentos oitenta e dous euros), IVE incluido.

5. Garantías.

Provisional: 5.019,64 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décimo terceira do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: a apertura de plicas realizaraa, en acto público, a mesa de contratación ó décimo día posterior ó do remate (agás sábado ou festivos) do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 988,04 A que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 21 de maio de 2002.

Luis Regal Pavón

Secretario

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área