Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica consistente na investigación de solos potencialmente contaminados nos enclaves da antiga Astano, S.A., Perialsa e Zincados Monterroso.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: traballos de consultoría e asistencia técnica consistente na investigación de solos contaminados nos enclaves da antiga Astano, S.A., Perialsa e Zincados Monterroso.

2.2. Prazo de execución: catro meses para cada un dos lotes obxeto do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: douscentos corenta e sete mil setecentos vintenove euros (247.729).

5. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presenten ofertas.

6. Fianza definitiva:

4% do orzamento de adxudicacion do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1302.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A):

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas:

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 8.3, do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente