Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 06 de xuño de 2002 Páx. 8.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/154-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.D. derivación Frigalsa-Padín.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 250 m de lonxitude, desde o centro de distribución que se proxecta na rúa Párroco Don Serafín, ata empalmar coas liñas existentes ós CC.TT. Frigalsa, Riouxa e Catro Pontes. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 165 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o centro de distribución proxectado ata o apoio tipo C-2000/14 da L.M.T. aérea ó C.T. Padín. Centro de distribución con 4 celas CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra