Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUXÍA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, das obras do POS 2002.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Muxía.

2. Obxecto do contrato: contratación das obras que se citan, incluídas no POS 2002.

ObraOrzamentoClasificación

Saneamento e depuración en Merexo140.265,19 AGrupo 3, subgrupo 1, categoría d

Rede saneamento en Senande107.253,09 ANon se esixe

Saneamento e pavimentación en Sendón60.877,64 ANon se esixe

Saneamento e pavimentación na On62.787,67 ANon se esixe

3. Procedemento e forma de adxudicación: tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso conforme o prego-tipo de cláusulas administrativas particulares, para contratación de obras incluídas en plans provinciais aprobadas polo pleno da Deputación Provincial da Coruña o 30-3-2001, publicado no BOP do 4-3-2001.

4. Obtención de información: Concello de Muxía, rúa Real 35. Teléfono 981 74 21 17.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Muxía, r/ Real 35), das 9 ás 13 horas, no prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG ou BOP (último deles).

A documentación que deberá presentarse en dous sobres será a citada no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas mencionado.

7. Apertura de ofertas: no salón de actos do Concello de Muxía, ás 13 horas do seguinte día hábil ó de finalización do prazo para presentar proposicións.

Gastos de anuncios: os gastos derivados da publicación de anuncios serán por conta do adxudicatario das obras.

Muxía, maio de 2002.

Alberto Blanco

Alcalde