Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Baña.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de construcción de ponte sobre río da Baña; incluída no POS 2002.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 75.094,71 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentación e información: Concello da Baña.

a) Domicilio: praza do Concello, s/n.

b) Código postal e localidade: 15863 A Baña.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 88 65 01.

e) Fax: 981 88 66 16.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Presentación de ofertas: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello da Baña. rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: o segundo ou último venres hábil de cada mes, seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas, ás 12.50 horas.

a) Entidade: Concello da Baña.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade: A Baña.

13. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

A Baña, 24 de abril de 2002.

José Andrés García Cardeso

Alcalde