Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración e instalación da cociña no centro de menores sito na rúa Alcalde Alfonso Molina s/n, en Palavea-A Coruña.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 27/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación da cociña no centro de menores sito na rúa Alcalde Alfonso Molina s/n, en Palavea-A Coruña.

b) Número de unidades que hai que entregar:

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: centro de menores sito na rúa Alcalde Alfonso Molina s/n, en Palavea-A Coruña.

e) Prazo de entrega: 45 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemiento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Presuposto base de licitación.

Importe total: 71.344,37 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información: 981 54 46 80.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Algún dos establecidos nos artigos 16 a 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, no que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no rexistro de contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre nº 1 o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Domicilio: San Caetano.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(Ou na forma establecida no punto 5.2º do prego de claúsulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacions.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó DOCE (se é o caso).

13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacions relativas á convocatoria ou onde poden obtenerse os pregos:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1327

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude