Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 05 de xuño de 2002 Páx. 8.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/155-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. distribución r/ Pasantería, nº 10.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 42 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Mourente-Fondevila ata o centro de distribución que se proxecta na rúa Pasantería nº 10 (museo), no concello de Pontevedra. Centro de distribución cun conxunto de celas compactas SF6 (3L).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 22 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra