Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. Mourente-Campañó (A Corredoira-A Galiana).
Situación: concellos de Barro e Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 3.700 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. A Corredoira, a desmontar, ata o apoio nº 90 da L.M.T. Cambados-Tibo. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. A Corredoira, a desmontar, ata o novo C.T. que se proxecta na Corredoira-A Galiana. C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 17 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o novo C.T. A Corredoira-A Galiana. Toda a instalación está situada nos concellos de Barro e Pontevedra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 18 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra