Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por poxa aberta da execución das obras do proxecto de renovación de beirarrúas na rúa Venezuela de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente: 35046/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: renovación de beirarrúas na rúa Venezuela.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 101.571,05 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación a publicar no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 23 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde