Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/116-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. a C.T. Aridos de Salvaterra-Teáns (Oleiros).

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 103 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. existente Oleiros-Teáns ata o C.T. existente de Áridos de Salvaterra, en Teáns (Oleiros), no concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra