Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas), treito II, clave: PO/99/61.1.2.. termos municipais de Moaña, Cangas e Bueu.

O artigo 28 do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 30 de xullo do 2001, procédese á aprobación do proxecto de trazado das obras de vía de alta capacidade do Morrazo, treito: II, clave: PO/99/61.1.2, termos municipais de Moaña, Cangas e Bueu, polo director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 20 de setembro do 2001, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras por Decreto 240/2001, publicado no DOG nº 192, do 3 de outubro de 2001.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para procederen ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Centro Cultural Daniel Castelao en Quintela-Moaña.

Día: 27 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 799 ó predio nº 880.

Día: 28 de xuño de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 881 ó predio nº 1001.

Día: 1 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1002 ó predio nº 1108.

Día: 2 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1109 ó predio nº 1189.

Día: 3 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1190 ó predio nº 1336.

Día: 4 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1337 ó predio nº 1429.

Día: 5 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1430 ó predio nº 1510.

Día: 8 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1511 ó predio nº 1607.

Día: 9 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1608 ó predio nº 1716.

Día: 10 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 1717 o último predio.

Casa da Cultura de Cangas en Rodeira-Cangas

Día: 11 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 2001 ó predio nº 2121.

Día: 12 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 2122 ó predio nº 2232.

Día: 15 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 2233 ó predio nº 2348.

Día: 16 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 2349 ó predio nº 2435.

Día: 17 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 2436 ó predio nº 2598.

Día: 18 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 2599 ó predio nº 2693.

Día: 19 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 3000 ó predio nº 3072.

Día: 22 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 3073 ó predio nº 3123.

Día: 23 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 3124 ó predio nº 3181.

Día: 24 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 3182 o último predio.

Casa da Cultura de Bueu, Ramal dos Galos-Bueu.

Día: 26 de xullo de 2002.

Horario: 9 a 14 horas.

Do predio nº 4001 o último predio.

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostas nos concellos de Moaña, Cangas e Bueu, e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo achegarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Pontevedra, as alegacións que estimen pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 27 de maio de 2002.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra