Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello do 22 de maio de 2002, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante de auxiliar

(secretario/a nivel 30) no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 80 do 25 de abril de 2002, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 22 de maio deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó/á funcionario/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan exercer, se é o caso, calquera outro que coiden procedente.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3496279246 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Cid Conde, Ramona.

Posto de traballo: auxiliar (secretaria nivel 30).

Nivel: 16.

Localidade: Santiago de Compostela.