Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 04 de xuño de 2002 Páx. 8.428

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala arquitectos, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 23 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala arquitectos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade

co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 6 de xullo de 2002, na sala A da facultade de económicas, avenida Xoán XXIII s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10.30 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2002.

Antonio Boné Pina

Presidente do tribunal