Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2002, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Desenvolvemento do cultivo de peixes planos, promovido por Stolt Sea Farm, S.A., no Cabo Vilán, concello de Camariñas (A Coruña).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 2 de maio de 2002, relativo á aprobación definitiva dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, resulta necesario dar publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal,

RESOLVO:

1. Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 2 de maio de 2002, que a continuación se transcribe:

«Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Desenvolvemento do cultivo de peixes planos, promovido por Stolt Sea Farm, S.A., no Cabo Vilán, concello de Camariñas (A Coruña)».

2. Este proxecto sectorial entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co

prevido no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE