Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/192-2, 5749 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. en parque empresarial de Becerreá.

Situación: Becerreá.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, con lonxitude de 0,4 km, con orixe no apoio P-33 da L.M.T. Triacastela-Cervantes, conductor tipo R.H.V. e final no C.T. parque empresarial de Becerreá. C.T. prefabricado con potencia de 630 kVA e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 15 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo