Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 03 de xuño de 2002 Páx. 8.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de poxa (242/1992).

Eu, Manuel Ferreiro González, secretario da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que por Resolución do día 24-4-2002, dictada por este tribunal na causa número 242/1992, procedemento abreviado número 40/1995, do Xulgado de Instrucción número un da Coruña, seguidos contra José Manuel Enríquez Enríquez, Jesús Corzo Sierra (falecido) e outros, por un delicto de estafa, se acordou sacar a poxa pública, polo termo de vinte días, os seguintes bens inmobles:

1. Predio.

Urbano: planta baixa comercial da casa números 38-40 e 42-44 da rúa Alegre de Ferrol. Concello de Ferrol. O local comercial linda á fronte coa rúa Alegre e portais de entrada para as vivendas; dereita, a casa número 36 da rúa Alegre; esquerda, casa de Anuncia e Elvira Sanmartín, e fondo, soar propiedade da sociedade Promociones y Construcciones Marola, S.A. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol número 47.857, tomo 1535, libro 583, folio 140. Superficie 401,71 m. Ten como anexo, pola súa parte posterior, un patio cuberto da superficie de 120 m. División horizontal 1990. Libre de cargas.

Cargas: libre.

Valor de taxación: 280.203,39 euros (46.621.921 pesetas).

2. Predio.

Urbano: planta baixa comercial da casa número 36 da rúa Alegre de Ferrol. Concello de Ferrol. O local comercial linda á fronte coa rúa Alegre; dereita, coa rúa A Coruña e rampla de acceso ó soto do edificio; esquerda, portal e escaleiras do edificio, e ó fondo, con resto do predio matriz. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol número 46.868, tomo 1526, libro 576, folio 49. Superficie 94,96 m. División horizontal: 1990. Libre de cargas.

Cargas: libre.

Valor de taxación: 83.230,47 euros(13.848.385 pesetas).

3. Predio.

Urbano: casa sinalada co número 18 da rúa Lope de Vega (actualmente casa número 6 da avda. do Exército) da Coruña. Ocupa unha superficie de 136 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade da Coruña co número 10.084-N, folios 164 a 166 do libro 248, e folio 222 do libro 1808. Da dita casa, que está composta de planta baixa e cinco pisos, soamente se saca a poxa, de forma conxunta, a cuarta parte dos seguintes elementos:

3.1. Planta baixa local comercial destinado a cafetería.

Local de planta rectangular con fronte á avda. do Exército por onde ten a súa entrada. Lonxitude da fachada á rúa 6,47 m, dos cales 4,42 están acristalados. O local distribúese en zona de cafetería cunha barra que separa a zona das mesas da zona de servicio, unha zona de comedor situada na parte posterior, a zona da cociña e os aseos situados cara á parte posterior, e un espacio pequeno que voe sobre a zona destinada a comedor. A superficie é duns 125 m.

Situación posesoria: alugado.

Cargas: libre.

3.2. Planta primeira destinada a vivenda.

A vivenda distribúese en seis cuartos, cociña e baño. Dous cuartos dan á fachada principal (avda. do Exército), outro cuarto, a cociña e o baño dan a un patio posterior de 30,77 m ó que se accede desde a cociña. Os outros tres cuartos son interiores. A superficie é duns 109 m; a parte proporcional de elementos comúns é de 12,98 m. Superficie construída duns 121,98 m. En bo estado de conservación.

Situación posesoria: alugado.

Cargas: libre.

Valor de taxación da cuarta parte indivisa da dita casa: 62.313,57 euros (10.368.106 pesetas).

4. Predio.

Urbano: edificio situado na estrada vella dos Castros, parroquia de Oza, actualmente rúa Vales Villamarín, número 11. Concello da Coruña. Consta de soto, planta baixa e tres pisos altos. Ocupa unha

superficie cuberta de 78 m, seis metros cincuenta centímetros de fronte por trece de fondo, tendo ás súas costas un terreo amurallado, dedicado a patio de luces, que mide 13 m. Ó soto accédese a través dunhas escaleiras situadas no patio posterior, que se comunica coa cociña da planta baixa desde a que ten acceso. O soto destínase a rocho e é de uso exclusivo da planta baixa. A planta baixa e as tres plantas altas destínanse a vivenda. As plantas segunda e terceira teñen idéntica distribución que a primeira excepto na zona da cociña, onde existe un pequeno patio de luces cuberto. Este patio na planta primeira e baixa foi cerrado para amplia-la cociña. Outro patio de 13 m anexo á planta baixa.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 6 da Coruña, número 11.415, folios 242 e volto, 243 e volto; 244 e volto do libro 163, e folio 65 do libro 522.

Cargas: libre.

Da dita casa embargouse e sácase a poxa a cuarta parte indivisa do seu conxunto, que se compón dos seguintes elementos:

4.1. Plantas soto, baixo e patio.

Superficie do soto (rocho): 36 m.

Superficie da planta baixa: 72 m.

Superficie do patio: 13 m.

Estado de conservación: regular.

Situación posesoria: deshabitadas.

Cargas: libre.

4.2. Planta primeira.

Situación posesoria: arrendada.

Cargas: libre.

4.3. Planta segunda.

Situación posesoria: arrendada.

Cargas: libre.

4.4. Planta terceira.

Situación posesoria: deshabitada.

Cargas: libre.

Valor de taxación da cuarta parte indivisa do predio: 53.369,67 euros (8.879.966 pesetas).

A poxa terá lugar na Sala de Audiencia da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, sita na rúa Capitán Juan Varela s/n, o vindeiro día 27 de xuño, ás 10 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Os predios 1, 2, 4 e 6 poxaranse separadamente e pola orde en que aparecen no edicto.

Segunda.-As certificacións rexistrais dos predios están de manifesto na Secretaría deste tribunal.

Terceira.-Polo mero feito de participar na poxa entenderase que os licitadores aceptan como suficiente a titulación que consta en autos, e que aceptan, así mesmo, subrogarse nas cargas ou gravames

anteriores ó crédito polo que se executa, se os houber, en caso de que o remate se adxudique ó seu favor.

Cuarta.-Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán depositar, previamente, o 30 por 100 do valor de taxación do ben, na conta de depósitos e consignacións desta sección número 1543-0000-78-0040-95 do Banco Bilbao Vizcaya-Argentaria (BBVA).

Quinta.-Para tomaren parte na poxa os licitadores deberanse identificar de forma suficiente, declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa, e presenta-lo xustificante do depósito a que se refire a condición anterior.

Sexta.-Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderanse facer ofertas por escrito en sobre pechado e coas condicións anteriores.

A Coruña, 25 de abril de 2002.

E para que así conste e se publique no DOG, expido e asino este edicto na Coruña, 6 de maio de 2002.

Rubricado