Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2002 pola que se convoca un concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente 4478/2002, do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de organización e coordinación dun campo de fútbol.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: do 15 de xuño ata o 31 de agosto de 2002.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 311.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 24 de maio de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña