Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 3 de abril de 2002, aprobou os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán a contratación dos proxectos de acondicionamento e mellora na estrada Campos de Vila a Pacios da Serra, e aforro enerxético na parroquia de Montefurado e outras, incluídos no POS 2002. Expóñense ó público polo prazo de oito días na secretaría municipal, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Anuncio de licitación.

De conformidade co establecido no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e coa salvidade prevista no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións o correspondente concurso, aínda que, no suposto de producirse reclamacións contra aquel, o concurso se aprazará ata que sexan resoltas pola propia Comisión de Goberno.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Quiroga.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución das obras incluídas no proxecto de acondicionamento e mellora na estrada Campos de Vila a Pacios da Serra.

2.2. Lugar de execución: Concello de Quiroga.

2.3. Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 62.300 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 1.246 euros, equivalente ó 2% do orzamento do contrato base da licitación.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Quiroga.

b) Domicilio: Xeneral Franco, 52.

c) Localidade e código postal: 27320 Quiroga.

d) Teléfono: 982 42 80 01.

e) Telefax: 982 42 88 08.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: finalizará ós 15 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, o que sexa posterior.

9. Documentación que hai que presentar: a esixida no prego.

10. Apertura de plicas.

Terá lugar ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións, non coincidente en sábado.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os establecidos no prego.

Quiroga, 25 de abril de 2002.

Julio Álvarez Núñez

Alcalde