Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a prestación do seguinte servicio:

Obxecto: contratación de diversos traballos de producción gráfica.

Orzamento de licitación: 97.305 euros.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo do contrato: un ano.

Proposicións: poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se publique o último anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Oleiros, 21 de maio de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa