Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concesión dos servicios de explotación da cafetería da área recreativa da Peneda e do cámping municipal de terceira categoría.

b) Lugar de execución: A Peneda.

c) Prazo de execución: 5 anos, prorrogable mediante acordo expreso das partes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se establece canon de explotación; a súa contía configúrase como un dos criterios de adxudicación.

A retribución do concesionario virá determinada polos ingresos derivados dos prezos cobrados ós usuarios dos servicios.

5. Garantías.

a) Provisional: 601,01 euros.

b) Definitiva: 1.502,53 euros.

6. Obtención de información.

Concello de Monterroso, praza de Galicia 1. Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económico, financeira e técnica: acreditarase polos medios que se establecen na base 12.3º (sobre 2).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o día seguinte ó da última publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas.

Sobre 1: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan nos artigos 12.3º, letras a) ó f) do prego.

Sobre 2: comprenderá a oferta económica, segundo o modelo que se establece no anexo II do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso, praza de Galicia, número 1. CP 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Monterroso, o quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 21 de maio de 2002

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente