Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución do expediente sancionador PO-EN-2001/33 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora no expediente que por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-los expedientes, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de maio de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-EN-2001/33.

Denunciado: Santiago Javier Corbacho Ferrari.

Enderezo: rúa Reboredo, nº 8-4º C, Cangas (Pontevedra).

DNI: 78736569.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia.

O vehículo, tipo motocicleta, marca Vespa, matrícula PO-0549-AG, encontrábase estacionado nas dunas; existe un cartel informando da prohibición á entrada do lugar; non se puido localiza-lo conductor do turismo para notificarlle a infracción.

Feitos denunciados o día 12 de agosto de 2001, ás 18 horas, nas dunas de Barra, en Barra, no municipio de Cangas.

Data do acordo da incoación: 18-9-2001.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 60,12 euros (10.001 pesetas).

Expediente: P-EN-2001/38.

Denunciado: Diego Montoro Lirio.

Enderezo: rúa Doctor Vallerbera, nº 11, Lérida.

DNI: 40840324.

Feitos denunciados: estacionar un vehículo turismo, marca Mitsubishi Montero DI.D, de cor verde, con placas de matrícula 8203-BBS (o seu titular é Lleidatana de Construccións, S.A), en zona protexida, nas dunas que dan acceso á praia, lugar protexido e en proceso de rexeneración, e a escasos tres metros dos usuarios que estaban tomando o sol na area da praia. Identificado o conductor do vehículo, a forza actuante faille saber que vai ser denunciado por estacionar nun lugar prohibido, alterando as condicións dun espacio natural protexido. Feitos denunciados ás 19 horas do día 12 de agosto de 2001 na praia de Area Grande, no municipio do Grove.

Data do acordo da incoación: 18-9-2001.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 38.2º da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 120,20 euros (20.000 pesetas).