Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 22/2002.

Non atopándose no domicilio coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se

indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Lugo, todo isto segundo establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: 22/2002.

Acta inf.: 9/2002.

Empresa: Representaciones Abuín, S.L.

NIF/DNI: B-27228063.

Domicilio: rúa da Terra-polígono do Ceao-Lugo.

Materia: prevención de riscos laborais.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Proposta de sanción: 1.502,54 euros.

Lugo, 13 de maio de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo