Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 13 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores (ES/61-01/RI e dous máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data acordei publica-las propostas de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, por non ser posible as notificacións a través do servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas estimen convenientes, e se é o caso, propoñer probas, concretando os medios de que intenten valerse.

O que se lles comunica, de conformidade coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 13 de maio de 2002.

Ángel Blás Paz Díaz

Instructor dos expedientes

ANEXO

Expediente nº ES/61-01/RI.

Denunciado: Aitor López Martínez.

DNI: 34098516.

Último enderezo coñecido: r/ Paseo Aintzieta, 5-1º ezq.; 20014 San Sebastián-Donosti-Guipúzcoa.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar de praia de Esteiro, termo municipal de Ribadeo, sen autorización en materia de costas, ocupando unha superficie de 5 m durante un día.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co artigo 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º da Lei 22/1988, de costas).

Sanción proposta: multa de 150,25 euros.

Expediente nº ES/110-01/XO.

Denunciados: Izaskun Ortun Arzubiaga (DNI nº 16044830) e Javier Eceiza Domínguez (DNI nº 16030588).

Último enderezo coñecido: avenida dos Chopos, 35-4º D; 28990 Getxo-Viscaia.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar de praia de Esteiro, termo municipal de Xove, sen autorización en materia de costas.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co artigo 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º da Lei 22/1988, de costas).

Sanción proposta: multa de 30,05 euros.

Expediente nº ES/115-01/RI.

Denunciados: Monserrat Rodríguez Vázquez (DNI nº 76366352-G).

Último enderezo coñecido: rúa Paseo Marítimo, 7-1º C; 15002 A Coruña.

Feitos imputados: acampada en zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre no lugar de praia de Xuncos, termo municipal de Ribadeo, sen autorización en materia de costas.

Precepto sancionador: artigo 90 c) en relación co artigo 25.2º da Lei 22/1988, de costas, e co artigo 45.2º do seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989.

Cualificación da sanción: leve (artigo 91.3º e 175.3º das devanditas normas).

Sanción proposta: multa de 30,05 euros.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS