Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación de contratación de xestión de servicios públicos.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: xestión do servicio público de salvamento e loita contra a contaminación no mar na Comunidade Autónoma de Galicia, servido por un remolcador de altura.

Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: do 1 de xullo de 2002 ata o 31 de decembro de 2002.

Na execución do contrato non se recolle a execución de obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos corenta e un mil cincocentos vinteún euros (441.521 euros).

5. Garantía provisional: 2 % (8.830 euros) do orzamento base de licitación. Artigo 35 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

Domicilio: rúa de Sar, 75.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

Teléfono: 981 54 62 87.

Telefax: 981 54 62 88.

Data límite de obtención de documentos e información: 10 de xuño de 2002.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica profesional: cláusula 7.3 10), 11), 12) e 13) do prego de cláusulas administrativas particulares e de explotación.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: 15 de xuño de 2002.

Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares e de explotación.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou por correo e nas formas previstas no artigo 80 do RXLCAP.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

Domicilio: rúa de Sar, 75.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

Data: 20 de xuño de 2002.

Hora: 10.30 horas.

10. Outras informacións: sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca sinalados no punto anterior.

11. Gastos do anuncio: correrán de conta do adxudicatario.

12. Portal informático ou páxina web onde se poden obte-los pregos: http://www.xunta.es/contratación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

Enrique C. López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos