Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Polígono Barreiros.
Situación: San Cibrao das Viñas.
Características técnicas: desmonte da L.M.T. aérea a 20 kV do C.T. Polígono Barreiros e pase a subterránea en conductor R.Z. 12/20 kV, de 540 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Reboredo oeste e remata na cela de liña do C.T. Polígono Barreiros existente. Cambio do C.T. de 400 kVA Louzán e Bertólez a caseta compacta de manobra exterior. 60 m de R.B.T. subterránea derivada do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 15 de abril de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense