Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/44-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Julio Rodríguez Soto.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 15 m, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. do C.T. Alameda e remata no C.T. proxectado en planta baixa de edificio na r/ J. Rodríguez Soto, con entrada pola r/ Uruguai, potencia 400 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 12 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense